1.4.14

9.3.14

18.2.14

8.1.14

11.11.13

ESTADOS ALOTRÓPICOS DO FERRO


Aqui tedes unha excelente unidade didáctica sobre materiais

Cristais metálicos: o aspecto exterior ven condicionado pola estrctura cristalina 


Microfotografía dun aceiro

6.11.13

PROPIEDADES DOS MATERIAIS


Obxectivos
Identificar as características de cada tipo de enlace e as propiedades das substancias que os posúen.
Recoñecer a existencia de estructuras cristalinas e distinguilas do estado amorfo.
Enumerar e definir correctamente as propiedades mecánicas dos materiais.
Apreciar a importancia dos materiais cerámicos polas súas propiedades e aplicacións.
Recoñecer as aliaxes pola súa composición e distinguilas en función dos seus elementos constituíntes.
Interpretar correctamente o diagrama de solidificación dunha aliaxe binaria.
Recoñecer as características dos aceiros de alta aliaxe máis comunmente empregados.
Distinguir e clasificar os tratamentos dos metais e describir algúns deles.
Diferenciar a oxidación da corrosión e recoñecer as diferentes formas en que pode presentarse esta última.
Distinguir e clasificar as técnicas de protección dos metais contra a corrosión e describir algunhas delas.
Aplicar os coñecementos sobre materiais e as súas propiedades á análise dun sistema técnico.


Conceptos.
Enlaces químicos.
Estructuras cristalinas: estructura cristalina dos metais.
Modificación das propiedades dos metais.
Aliaxes: elementos constituíntes. Diagramas de solidificación das aliaxes.
Aceiros aliados.
Tratamentos térmicos: recocemento, normalización, tempero e revenido.
Tratamentos termoquímicos: cementación, cianuración, nitruración e sulfinización.
Tratamentos superficiais: metalización e cromado duro.
Oxidación e corrosión. Protección contra a corrosión: modificación química da superficie, recubrimentos non metálicos, recubrimentos metálicos, protección catódica. Inhibidores da corrosión. 
Materiais cerámicos: propiedades e aplicacións.  

Procedementos
Interpretación de diagramas de solidificación de aliaxes é cálculos básicos.
Clasificación dos tratamentos a que se someten os materiais para mellorar as súas calidades técnicas.
Análise dun sistema técnico para determinar a idoneidade dos materiais empregados.
Actitudes, valores e normas
Educación do consumidor: recoñecemento da importancia que teñen os tratamentos dos materiais.
Interese por diferenciar materiais que, tendo apariencia externa semellante, responden de modo diferente a certas esixencias mecánicas.


5.11.13